8 de xuño, Día Mundial dos Océanos

#NonTemosOutroMar

Como socia do Pacto Mundial das Nacións Unidas, as #acciónsG da CRTVG encádranse no marco dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) da ONU.

#NonTemosOutroMar é unha acción de Responsabilidade Social Corporativa que pon o foco na sostibilidade do planeta e na necesidade da coidar os océanos como fonte de riqueza e vida.

Esta campaña salienta os ODS número 12, ‘Produción e consumo responsables’; número 13, ‘Acción polo clima’, e número 14, ‘Vida submarina’.

A ONU declarou o 8 de xuño como Día Mundial dos Océanos

Baixo o lema "Limpemos os nosos océanos", as Nacións Unidas promoven este ano unha celebración orientada a previr a contaminación por plástico e propor solucións para un mar máis limpo.

Proxecto ECODESTIN_3IN

Proxecto para reforzar a competitividade do sector náutico-deportivo galego e aumentar a súa atractividade a través do fomento e desenvolvemento do patrimonio natural e cultural vinculado aos ríos, rías e costa.

Instituto Español de Oceanografía

Os Centros Oceanográficos de Vigo e A Coruña realizan un labor científico, tecnolóxico e divulgativo recoñecido internacionalmente.

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

Toda a información da Xunta de Galicia relativa a cuestións ambientais: avaliación e control, impulso da investigación ambiental e medidas para a protección do medio ambiente

Menos bolsas, máis vida

A imaxe gañadora deste concurso plasmarase en 15.000 bolsas, que se repartirán entre establecementos comerciais de toda Galicia para reducir o uso do plástico.

Os Bolechas

Os populares Bolechas protagonizan o libro co que o Centro Oceanográfico de Vigo celebrou o seu centenario en 2017. Dirixido ao público infantil, ensina a coidar dos recursos naturais do océano.